Laureano Oubiña suma 10 anos preso por delitos de narcotráfico, do que foi a cara máis coñecida tras a operación Nécora dirixida por Garzón. A poucos días de quedar libre, o 'capo' di nunha entrevista concedida na 'Vanity Fair' que el axudou ''a financiar os partidos de Fraga (Alianza Popular) e Suárez (Unión de Centro Democrático) con diñeiro do contrabando''.
A través dun cuestionario, Oubiña non cala e aborda multitude de temas, coma a súa 'guerra' contra políticos e xuíces. "'Xamais subornei nin a uns nin a outros. Pero a finais dos anos setenta, cando pasamos á democracia que din que vivimos, axudei a financiar a Alianza Popular, do señor Fraga, e a UCD, do señor Suárez. E igual que eu o fixeron moitos empresarios máis que estabamos metidos no contrabando de tabaco''. (Xornal.com, 27/12/2010)
No hay comentarios:
Publicar un comentario