31.1.11

A conexión entre o Porto de Sada e o Gurtel

(traductor gallego-español)

"GC desvela novas conexións entre as múltiples irregularidades nos contratos de Portos de Galicia na etapa de Carlos Negreira e as empresas imputadas na presunta corrupción de altos cargos do PP. (...)

Parar en 15 días toda a actividade do gran porto deportivo de Sada, con 700 amarres. Isto é o que ordena un novo auto do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG).

A Xunta deu a concesión sen cumprir as esixencias de publicidade e libre concorrencia de toda adxudicación pública. Tampouco comprobou a solvencia da adxudicataria, segundo unha sentenza do TSXG, logo ratificada no Supremo e agora executada no novo auto do TSXG.
A beneficiada da adxudicación ilegal foi a empresa Portomar Sada.

Con todo, esta compañía transmitiuna inmediatamente a empresa OYS NOROESTE en 1997, unha compañía creada sorprendentemente ese mesmo ano cun capital de só cinco millóns das vellas pesetas.

A súa vez, OYS Nororeste cedeulla a unha filial, Marina Sada, en 2003. Tal cesión foi irregular, segundo relata un Informe do Tribunal de Contas. Con todo, Portos de Galicia autorizou esta nova cesión. Carlos Negreira, deputado e candidato á alcaldía da Coruña, era o presidente de Portos de Galicia que deu luz verde a operación irregular.

Outros dos datos apunta a unha presunta trama de corrupción en Portos de Galicia cando era presidente Carlos Negreira.

En primeiro lugar, Alberto Núñez Feixóo, conselleiro do que dependía Portos, mantivo a Pablo Crespo, preso como número dous do Gürtel, como vogal de Portos toda a lexislatura; malia que o PPdeG sabía hai anos, segundo admitiu o propio Fraga, das súas corruptelas.

En segundo lugar, o xuíz instrutor do caso Gürtel en Madrid chamou a declarar ao xefe de contabilidade de Portos. Victoriano Lago, que probablemente participou na tramitación dos expedientes irregulares, aparece como socio de Pablo Crespo nunha das empresas utilizadas presuntamente para lavar os cartos da comisión.

O funcionario foi socio de Crepo en Welldone 2002, situada na caribeña Isla de Nevis e, segundo Público, foi interrogado sobre un ingreso de 300.000 euros na súa conta.

A próxima publicación do sumario completo do Gürtel poderá confirmar até que punto a acumulación de irregularidades nas adxudicacións da etapa de Negreira ao fronte de Portos teñen que ver ou non coa trama corrupta." (Galicia Confidencial, 30/01/2011)

No hay comentarios: