“A metade dos arrendamentos. Mais de 50 mil alugueres "ilegais"
O sector inmobiliario é exemplo da economía encuberta, que move en Galiza até 10.700 millóns de euros.
Cun plan "eficaz" de loita contra a fraude a redución das ilegalidades no conxunto do Estado chegaría a curto prazo até dez puntos pocentuais e axudaría a traer á luz arredor de 90 mil millóns de euros e ingresar nos petos públicos a través de impostos unha cantidade próxima aos 21 mil millóns. Son cifras que saen do último informe realizado polo Grupo de Técnicos do Ministerio de Economía e Facenda, Gestha.
O estudo sinala en concreto e no caso de Galiza que a economía encuberta chega aos 10.700 millóns de euros, o 5% do total estatal de diñeiro negro. A avaliación de Ghesta indica ao respecto que con probabilidade a maior bolsa de fraude aparecería relacionada directamente con operacións de compra e venda protagonizadas por empresas construtoras e inmobiliarias. De xeito específico, a análise tamén repara no elevado número de arrendamentos ilegalmente realizados, que en Galiza chegan ao 54,2%, un total de máis de 51 mil alugueres que escapan ao control fiscal e que xeran aproximadamente 71 millóns de euros para os propietarios das vivendas.” (Vieiros, 03/04/2008)
No hay comentarios:
Publicar un comentario