21.1.08

El blanqueo de capitales en Europa ayuda a fortalecer el euro... y la burbuja immobiliaria

“A ruta do lavado dos narcoeuros . O diario Wall Street Journal publica un artigo no que falan das rutas de entrada do euro en Europa (que pasan polo noso país). Isto dálle, segundo o xornal norteamericano, forza ao euro.

Esta cuarta feira o diario Wall Street Journal publicaba un artigo no que se falaba da ruta do lavado dos narcoeuros, do branqueo de cartos dunha e doutra beira do Atlántico, pasando, sobre todo, polo Estado Español e polo noso país, antes que nada.

Segundo o artigo, a cocaína, alén de estimular o sistema nervioso, estimula a fortaleza das divisas, sobre todo do Euro. Un "gramiño" pequeno da tendencia á alza do euro foi aportado polo tráfico de cocaína (e polo branqueo de cartos que vai a ela asociada, xa que segue a ser a droga de moda en Europa, o que fai que o seu comercio siga a ser rendíbel). (…)

O tipo de cambio do euro está a chegar aos 1,5 dólares, e o branqueo de cartos no vello continente é unha actividade crecente para os cárteles da droga. De feito, como dato están os 1.900 millóns de euros que se declararon nas aduanas do EUA en 2005, que non procedían de Europa, senón, sobre todo de América Latina.

No Estado Español, o branqueo de billetes de 500 euros tamén se disparou no último ano. Segundo a policía española, os billetes pequenos obtidos do comercio de droga nas rúas, trócanse polos billetes de 500 euros, coa axuda de traballadores da banca. Estes cartos, antes de se enviar aos EUA, pasan polo mercado sudamericano ou polas casa de troco de divisas estranxeiras, en países como Brasil, Colombia, Perú ou Chile. (Vieiros, 20/01/2008)

O sector inmobiliario segue a ser unha das 'lavadoras' preferidas dos narcos. O narcotráfico non foi alleo á burbulla inmobiliaria que se viviu nos últimos anos. Segundo a memoria de 2006 da fiscalía do TSXG, a construción é un dos sectores favoritos á hora de branquear o capital procedente das drogas. Mais non o único, os activos financeiros, a subscrición de seguros de prima única ou os investimentos filatélicos son as formas preferidas para “sacar a flote” o diñeiro negro.

Á marxe deste tipo de operacións, a fiscalía tamén apunta ao sector comercial e de servizos como tapadeira idónea. As vías neste caso son diversas: declaración de beneficios superiores aos reais, a través de casinos de xogo ou mediante a clásica compra de billetes de lotaría ou quinielas premiadas.

Mais un negocio global como é a droga tamén leva á internalización do branqueo. Nas súas investigacións, a Fiscalía do TSXG apunta os numerosos xeitos que existen de branquear diñeiro en países do exterior. As arteiradas van dende a rudimentaria evasión física de divisas a outros países até sofisticadas tramas de empresas que acaban enviando o capital a paraísos fiscais.” (Vieiros, 30/08/2007)

No hay comentarios: