"Se cumple el aviso que
el abogado Cándido Conde-Pumpido Varela, hijo del ex fiscal general del
Estado del mismo nombre, dio a la jueza Pilar de Lara en 2014 para que
abandonara sus investigaciones a políticos y funcionarios. Ahora,
la Comisión Disciplinaria del Consejo General del Poder Judicial
(CGPJ) ha acordado imponer a la magistrada anticorrupción una sanción de 7 meses y un día, que implica la pérdida de destino.
Conde-Pumpido chantajeó a la magistrada mediante un correo electrónico, al que tuvo acceso en exclusiva Público,
el 11 de junio de 2014. En este mensaje, Conde-Pumpido aconseja a De
Lara que "intente apartarse" y que "vaya con pies de plomo" en sus
investigaciones. Incluso le recomienda un cambio de destino ofreciéndose
a hacer las gestiones necesarias para este traslado ante el CGPJ,
haciendo alarde de sus influencias en las altas instancias judiciales. "Empieza a sonar un run run en el TS de que hay juezas en Lugo que interfieren demasiado en la vida política", advierte a De Lara.
La jueza anticorrupción de Lugo, instructora de varias causas de corrupción como el caso Pokemon,
incluyó este mail en un informe que envió a la Audiencia Provincial de
Lugo en diciembre de 2015. Un documento en el que el abogado
advierte: "Según mi experiencia es mucho más peligroso para un Juez investigar a un determinado partido que a otro
y no lo digo solo por Silva y Garzón, el propio Bermúdez con el que doy
clase en la Universidad Europea está convencido que [sic] si no llega a
soltar lo de Bárcenas a tiempo le habrían hundido la carrera, y razones
no le faltan, pues me constan movimientos en este sentido."
Imputado por blanqueo de capitales
Conde-Pumpido Varela Jr. está imputado por la Audiencia Nacional por delitos de blanqueo de capitales procedentes de dueños de prostíbulos. Algo que negó ante el tribunal en su declaración del 15 de enero de este año. Los empresarios de estos prostíbulos fueron detenidos en la investigación de la denominada Operación Pompeya,
que se desarrolló en 2015 y que afectó a más de medio centenar de
personas a las que relacionó con actividades de blanqueo de dinero
procedente de la explotación sexual de mujeres.
El juez de la Audiencia Nacional José de la
Mata apreció indicios de que pudo participar en el blanqueo de dinero
proveniente de la prostitución a través de una banca privada, llamada
Bandenia Banca Privada, sin registrar en España.
En enero, la Fiscalía quiso preguntarle sobre otro
caso por el que el abogado habría puesto una empresa a disposición de
sus clientes para que pudieran seguir facturando de negocios como
prostíbulos cuando tenían las cuentas intervenidas tras el golpe policial.
No quiso aclarar estas actividades, que podrían derivar en una
imputación por un delito de alzamiento de bienes u otro de blanqueo.
Conde-Pumpido reconoció haber sido el abogado de los
investigados y que le dejaron un dinero a deber por la venta de unos
cuadros y muebles familiares que no llegaron a pagarle. Esa es toda la
relación que, según ha afirmado, tenía con esas personas." (Público, 28/03/19)
" Xuño de 2014. Pilar de Lara recibe un correo electrónico advertíndoa de que tiña varias frontes abertas en círculos políticos, unha “directamente relacionada co [ex] alcalde Orozco” e outra “máis preocupante” a raíz de estender as investigacións do caso Pokémon ós concellos de Santiago e A Coruña gobernados daquela polo PP, e tamén de movementos desde o ámbito xudicial operando para derrubala.
O comunicado aconselláballe que se apartase voluntariamente da investigación das causas que estaba abrindo se non quería sufrir as consecuencias. “Xa sabe como empeza isto, primeiro a prensa vólvese en contra, empezan con ataques gratuítos, escarvan na vida privada, as conferencias dadas, anteriores resolucións, e logo vai subindo de intensidade, a fiscalía empeza a pedir cousas raras, a audiencia revoca e adopta resolucións pouco entendibles, empézanse a sufrir visitas da inspección e da noite á mañá atópaste sumido nun inferno mediático e xudicial en contra”.
O remitente? Conde-Pumpido Varela, quen despois sería letrado de Besteiro no caso Garañón; fillo de Conde-Pumpido Tourón, ex Fiscal Xeral do Estado e actual maxistrado no Tribunal Constitucional tras o seu paso polo Supremo, casado en segundas nupcias con Clara Martínez de Careada, vocal do CXPX e maxistrada no Tribunal Supremo. O correo, denunciado por De Lara por coaccións, chega a ofrecerlle axuda do Consello para optar a algunha praza, e predí cunha precisión de cirurxán os acontecementos que se sucederían posteriormente e culminan coa sanción imposta polo Poder Xudicial, comunicada por vía telefónica na mañá de onte á maxistrada.
" Xuño de 2014. Pilar de Lara recibe un correo electrónico advertíndoa de que tiña varias frontes abertas en círculos políticos, unha “directamente relacionada co [ex] alcalde Orozco” e outra “máis preocupante” a raíz de estender as investigacións do caso Pokémon ós concellos de Santiago e A Coruña gobernados daquela polo PP, e tamén de movementos desde o ámbito xudicial operando para derrubala.
O comunicado aconselláballe que se apartase voluntariamente da investigación das causas que estaba abrindo se non quería sufrir as consecuencias. “Xa sabe como empeza isto, primeiro a prensa vólvese en contra, empezan con ataques gratuítos, escarvan na vida privada, as conferencias dadas, anteriores resolucións, e logo vai subindo de intensidade, a fiscalía empeza a pedir cousas raras, a audiencia revoca e adopta resolucións pouco entendibles, empézanse a sufrir visitas da inspección e da noite á mañá atópaste sumido nun inferno mediático e xudicial en contra”.
O remitente? Conde-Pumpido Varela, quen despois sería letrado de Besteiro no caso Garañón; fillo de Conde-Pumpido Tourón, ex Fiscal Xeral do Estado e actual maxistrado no Tribunal Constitucional tras o seu paso polo Supremo, casado en segundas nupcias con Clara Martínez de Careada, vocal do CXPX e maxistrada no Tribunal Supremo. O correo, denunciado por De Lara por coaccións, chega a ofrecerlle axuda do Consello para optar a algunha praza, e predí cunha precisión de cirurxán os acontecementos que se sucederían posteriormente e culminan coa sanción imposta polo Poder Xudicial, comunicada por vía telefónica na mañá de onte á maxistrada.
Frontes abertas
Naquel momento chegaban ao Poder Xudicial as primeiras denuncias contra Pilar de Lara, instrutora de casos que tocan tan de cerca o poder como o Carioca, Pokémon, Cóndor, Garañón, Cebra, Pulpo, Unika ou Monbús, algúns dos cales roldaban o centenar de imputados. O mes anterior, maio de 2014, o alcalde Orozco remitía ó CXPX unha denuncia anónima que recibira por parte dun axente das FCSE por ordenar “pinchazos telefónicos masivos e sen control.
Queixas coma esta acabaron por
lograr que o servizo de inspección comezase a darlle seguimento a De
Lara en 2015, que se mantivo suspendido durante máis de dous anos ata
realizar unha inspección da súa actividade, entre o 21 e o 31 de maio de
2018, que paralizaría a actividade do xulgado e obrigaría á xuíza, que
acababa de incorporarse dunha baixa médica por “estrés agudo por motivos
laborais”, a investir o tempo en preparar a documentación e informes
requiridos.
A raíz da inspección, o Promotor da Comisión Disciplinaria do Consello Xeral do Poder Xudicial (CXPX) abriulle expediente por desatención ou retrasos inxustificados na instrución e por incrementos ficticios do volume de traballo por abuso procesal, algo que non tarda en celebrar Orozco nas súas redes sociais.
O ex edil xa manifestara uns meses antes a súa conformidade coa petición de arquivo da peza do clube Liverpool do caso Carioca por parte da Fiscalía, con conclusións tan desconcertantes como que se os axentes da Garda Civil non se decataran nunha inspección de que o pasaporte dunha prostituta, daquela menor de idade, estaba falsificado con bolígrafo azul sobre a tinta negra da impresión, moito menos celo e vixilancia se lle podía esixir ao dono do prostíbulo, que non contaba con ningún tipo de especialización, ou como que os agasallos do dono do clube aos axentes non supoñían máis ca un trato de cortesía que non comprometía o seu labor.Lo habíamos dicho muchas veces. Ahora lo dice también el CGPJ. Muchos inocentes hemos sufrido injustamente sus modos. La imagen de nuestra ciudad también ha sufrido las consecuencias. Esperamos justicia— José López Orozco (@jlopezorozco) 7 de novembro de 2018
https://t.co/SxGKdinDAC vía @ABC_enGalicia
Os delitos polos que se investigaba a catro axentes da Garda
Civil ou ben prescribiran ou ben a Fiscalía considerou que debían
arquivarse. Un destes axentes é o presunto cerebro da trama de
prostitución ao que De Lara atribuíu este luns máis de 70 delitos na
peza principal do caso Carioca.
Los caminos de la justicia parecen insondables. Pero no deja de extrañar la noticia que publicaba el Progreso sobre el llamado caso “Carioca”. Quién le devuelve el tiempo pasado para los que se solicita el archivo?.Estoy convencido que en otras macrocausas va a suceder lo mismo. pic.twitter.com/AIpMtw6mPe— José López Orozco (@jlopezorozco) 6 de janeiro de 2018
A resolución do CXPX. “A única intención é sacala do xulgado”
Así as cousas, a maxistrada, defendeu detalladamente ante o Poder Xudicial que en ningún dos casos sinalados as dilacións foran responsabilidade súa, senón que dependían de trámites non resoltos ou pendentes de informes, dilixencias periciais e recursos de apelación, e que ela resolvía en dous ou tres días de prazo.
O mesmo CXPX concluíra
en 2013 que o xulgado de Lugo precisaba polo menos catro funcionarios e
un xuíz de reforzo que non se cubriron. Pilar de Lara chegou a facer
xornadas diarias de traballo de ata 16 horas e a adicar vacacións a
redactar autos.
A abundante e exhaustiva documentación e as alegacións presentadas foron insuficientes a criterio do fiscal e do promotor da acción disciplinaria, que pediron a principios deste mes, respectivamente, tres e sete meses de suspensión de emprego e soldo. As peticións superiores a seis meses implican a perda de destino e polo tanto o traslado forzoso de xulgado. O promotor, Ricardo Conde, foi director xeral de Relacións coa Administración da Xustiza cos ministros do PP Ruiz-Gallardón e Rafael Catalá entre 2012 e 2016.
O avogado da xuíza, Agustín Azparren, maxistrado e fiscal en excedencia, foi vocal do CXPX no seu período máis longo, durante sete anos, nos que traballou precisamente na Comisión Disciplinaria. Tras coñecer as peticións, declarou que daba a sensación de que “a única intención é sacala do xulgado”, e que por retrasos, que el considera inexistentes, é “inaudito” pedir penas tan elevadas, sendo o habitual a petición de un mes, ou excepcionalmente tres, sendo a primeira ocasión en que se daría un traslado de xulgado por este) motivo. Ademais, denunciou, na proposta do promotor mantíñanse erros da inspección que xa foran corrixidos: de 88 retrasos tan só nun se mantiña a responsabilidade directa da maxistrada.
Na mañá do xoves 28 de marzo coñeceuse a decisión acordada polo CXPX de sancionar con sete meses e un día de suspensión de emprego e soldo a Pilar de Lara por un delito de faltas moi grave, a pesares do escrito de alegacións presentado recentemente pola súa defensa que tería sido analizado nun lapso de tempo sorprendentemente breve.
A resolución aínda non foi notificada ás partes, polo que aínda non se puideron examinar os argumentos esgrimidos pola Comisión Disciplinaria, pero a chegada dun novo xuíz ó xulgado de instrución número 1 que se atopase con sumarios a piques de concluír de centos de miles de folios de volume supoñería unha pedra moi grande para o peche dos casos que instrúe a maxistrada, e moi posiblemente absolucións que non deberían producirse.
A decisión da Comisión Disciplinaria será executiva unha vez esgotada a vía administrativa. Pilar de Lara ten o prazo dun mes para presentar un recurso perante o CXPX, se ben ata o de agora ningún dos recursos foi tido en conta polos seus superiores xerárquicos. Se se confirmase a sanción, á maxistrada tan só lle quedaría recorrer ante a Sala Terceira do Supremo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario