6.9.17

O cura de Xestoso pide que se excomulgue aos corruptos. "A vida dos corruptos e a católica son excluíntes"

"A vida dos corruptos e a católica son excluíntes". Así de tallante se amosa Luís Rodríguez Patiño, o cura de Xestoso, un párroco moi coñecido polas súas contundentes críticas contra os corruptos, os privilexios da xerarquía eclesiástica e polas súas opinións sobre asuntos espiñentos para o catolicismo, como o preservativo ou a homosexualidade.

"Sería necesario que se aprobe un decreto universal por parte da Santa Sé porque podería influír nas dinámicas dos políticos e banqueiros que se declaran católicos", apunta. "Vivimos nunha sociedade secularizada e quizá a excomunión pode ser vista como algo secundario. 

Para algúns, que a Igrexa se pronunciara sobre este tema conta pouco, pero moitas persoas que se declaran cristiás ou católicas e van a misa os domingos son corruptas. Aí créase un problema de conciencia grave. Deben escoller entre a vida mafiosa ou a católica porque son excluíntes", asegura.

Así, destaca que só existiría o perdón contra os corruptos se "reparan o dano causado, restitúen o diñeiro e piden perdón ás súas vítimas". E o certo é que para Rodríguez Patiño, "non é posible que un corrupto poida ser padrino de bautizo". "Excomulgar a estas persoas é unha pena medicinal", indica e lembra que o Papa di que a corrupción é unha enfermidade da que hai que curarse.

 "A enfermidade é grave e é necesaria unha medicina pesada. Tamén é necesario prohibir os funerales relixiosos ou que os corruptos non poidan facer de padrinos de bautizo ou nos matrimonios", engade.
Non é a primeira vez que o cura de Xestoso carga contra os corruptos

 Hai uns meses pedía firmas, a través de change.org, para esixir aos "ladróns e corruptos" que devolvan o diñeiro subtraído das arcas públicas. A súa petición ía dirixida ao Defensor do Pobo paa que "os ladróns e corruptos devolvan o que roubaron", e engadía unha segunda petición para "que os políticos perdan os seus privilexios".

Este mesmo sacerdote foi protagonista doutra acción destaca, cando instalou un portal de Belén precintado por desafiuzamento e embargado polos bancos, con escrache ao Rei Herodes e o neno Xesús en mans da beneficencia, porque os seus pais carecían de medios para alimentalo, no que pretendía ser un eco da realidade social de moitas familias en graves dificultades económicas."                  (Galicia Confidencial, 11/07/17)

No hay comentarios: